Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.589

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2002 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó Programa de Biodiversidade e Recursos Forestais convocadas no anexo III da Orde do 22 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 30 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Recursos Naturais do PGIDT.

A Orde do 22 de abril de 2002 (DOG do 30 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Recursos Naturais do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo III a concesión de axudas correspondentes ó programa de Biodiversidade e Recursos Forestais.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo ás dispoñibilidades de crédito e á proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada para realizaren grupos de investigación consolidados e de excelencia en universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, ás persoas que se relacionan no anexo I da presente resolución, nas contías que en cada caso se sinalan e polo período de tempo indicado, que se computará a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG. Aqueles proxectos que figuran no dito anexo con autorización para contratar persoal, deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas polas bases da convocatoria.

As axudas que se relacionan no anexo I comprenden a totalidade da subvención necesaria para a realización do proxecto, incrementado nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Todas estas axudas están cofinanciadas por fondos europeos FEDER MAC.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento para empresas e agrupacións de empresas, ás que se relacionan no anexo II da presente resolución.

Terceiro.-As solicitudes que non figuran relacionadas nos anexos I e II desta resolución e que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non acadaren unha avaliación favorable.

Cuarto.-A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento adoptará as medidas necesarias para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 22 de abril de 2002 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano nun prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 22-4-2002, DOG do 30 de abril)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento