Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente de contratación C.P. 2/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n (27004) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 65 92. Fax: 982 21 29 24.

c) Número do expediente: C.P. 2/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: a subministración de gasas de algodón para curas (lote nº 1), gasas de algodón cirúrxicas estériles (lote nº 2), gasas de algodón cirúrxicas non estériles (lote nº 3) e gasas de algodón cirúrxicas rectilíneas non estériles (lote nº 4).

c) Data publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 63, do 2 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Lote nº 1: trinta e cinco mil trescentos trinta e dous euros con sesenta e un céntimos (IVE incluído) (35.332,61 A).

Lote nº 2: cinco mil cento oito euros con sesenta céntimos (IVE incluído) (5.108,60 A).

Lote nº 3: mil oitenta e un euros, con vintedous céntimos (IVE incluído) (1.081,22 A).

Lote nº 4: vinteoito mil catrocentos trinta e nove euros con oitenta e nove céntimos (IVE incluído) (28.439,60 A).

5. Adxudicación.

a) Data: 27 de maio de 2002.

b) Contratista:

Lote nº 1: Tenorio Gómez, S.A

Lote nº 2: Torras Valenti, S.A.

Lote nº 3: Productos Odan, S.A.

Lote nº 4: deserta.

c) Importe da adxudicación:

Lote nº 1: trinta e tres mil oitocentos sesenta e tres euros (33.863 A) (IVE incluído).

Lote nº 2: cinco mil cento cinco euros con tres céntimos (5.105,03 A) (IVE incluído).

Lote nº 3: novecentos sesenta e catro (964 A) (IVE incluído).

Lote nº 4: deserta.

Lugo, 2 de xullo de 2002.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo