Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente de contratación C.P. 1/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións Públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato, en virtude das atribucións que lle foron

delegadas conforme ó establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n (27004) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 65 92. Fax: 982 21 29 24.

c) Número do expediente: C.P. 1/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: a subministración de lencería branca (lote nº 1), toallas (lote nº 2), mantas (lote nº 3), almofadas e fundas (lote nº 4), roupa para pacientes (lote nº 5), roupa para quirófano (lote nº 6), uniformes para o persoal (lote nº 7), anoraks (lote nº 8), zocos de pel (lote nº 9) e zocos de goma (lote nº 10).

c) Data publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 42, do 27 de febreiro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Lote nº 1: corenta e sete mil cincocentos vintenove euros con vintecatro céntimos (IVE incluído) (47.529,24 A).

Lote nº 2: doce mil trescentos catorce euros con setenta e catro céntimos (IVE incluído) (12.314,74 A).

Lote nº 3: catro mil trinta e tres euros con noventa e nove céntimos (IVE incluído) (4.033,99 A).

Lote nº 4: seis mil douscentos dezaseis euros con oitenta e sete céntimos (IVE incluído) (6.216,87 A).

Lote nº 5: trinta e catro mil cento noventa e sete euros con cincoenta e nove céntimos (IVE incluído) (34.197,59 A).

Lote nº 6: oito mil cincocentos vinteoito euros con seis céntimos (IVE incluído) (8.528,06 A).

Lote nº 7: dezaseis mil corenta e dous euros con dezaoito céntimos (IVE incluído) (16.042,18 A).

Lote nº 8: dous mil oitocentos sete euros con dezanove céntimos (IVE incluído) (2.807,19 A).

Lote nº 9: vinte mil catrocentos dezaoito euros con corenta e sete céntimos (IVE incluído) (20.418,47 A).

Lote nº 10: tres mil catrocentos oitenta e catro euros con nove céntimos (IVE incluído) (3.484,09 A).

5. Adxudicación.

a) Data: 15 de abril de 2002.

b) Contratista:

Lote nº 1: Iturri, S.A.

Lote nº 2: Albazul Servicios Integrales, S.L.

Lote nº 3: El Corte Inglés, S.A.

Lote nº 4: Iturri, S.A.

Lote nº 5: Euroma, S.A.

Lote nº 6: Eugenio Ales Llamas, S.A.

Lote nº 7: Industrias del Vestuario Alfil, S.A.

Lote nº 8: Emilio Carreño, S.A.

Lote nº 9: Anatómicos Madrid, S.L.

Lote nº 10: Iturri, S.A.

c) Importe da adxudicación:

Lote nº 1: corenta e dous mil oitocentos vinte euros (42.820 A) (IVE incluído).

Lote nº 2: dez mil oitocentos setenta euros (10.870 A) (IVE incluído).

Lote nº 3: tres mil novecentos vinte euros (3.920 A) (IVE incluído).

Lote nº 4: tres mil cincocentos euros (3.500 A) (IVE incluído).

Lote nº 5: trinta mil cento cincuenta e catro euros (30.154 A) (IVE incluído).

Lote nº 6: sete mil seiscentos trece euros (7.613 A) (IVE incluído).

Lote nº 7: dezaseis mil vinteoito euros con noventa céntimos (16.028,90 A) (IVE incluído).

Lote nº 8: mil setecentos setenta e tres euros con dez céntimos (1.773,10 A) (IVE incluído).

Lote nº 9: dezaoito mil seiscentos setenta e tres euros (18.673 A) (IVE incluído).

Lote nº 10: tres mil cento sesenta e sete euros con dez céntimos (3.167,10 A) (IVE incluído).

Lugo, 2 de xullo de 2002.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo