Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 31 de xullo de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria para a contratación do servicio de cafetería e comedor no edificio administrativo da Escola Galega de Administración Pública.

Advertido erro na mencionada resolución publicada no DOG nº 152, do 8 de agosto de 2002, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 12.177, punto 9, letra b, onde di: «ás doce horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica», debe dicir: «ás 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica».