a) Obra.
Reposición de baranda e barreira de seguridade na Ponte da Barca. Termo municipal de Poio e Pontevedra.
Clave: RC-PO-02.7.
Orzamento: cento dous mil novecentos sesenta e sete euros con dezaseis céntimos (102.967,16 euros).
Prazo de execución: 2 meses.
Clasificación: non é necesaria.
Garantía provisional: non se esixe.
(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio de Contratación, en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, nº 7, 3º, teléfonos de información 986 80 56 42 e 986 80 56 43.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase ó adxudicatario do contrato unha garantía definitiva por importe do 4% do orzamento de adxudicación.
A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
f) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
g) Outras informacións.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 10.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.
h) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.
Pontevedra, 2 de agosto de 2002.
José Manuel Iglesias Carrera
Delegado provincial de Pontevedra