Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.566

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (446/2002).

Nos autos que neste xulgado se seguen co número arriba indicado sobre despedimento por instancia

de Mª Dolores García Beceiro dictouse resolución do seguinte teor literal:

Auto.

En Santiago de Compostela, tres de xullo de dous mil dous. Dada conta;

1. Feitos.

Único.-Neste xulgado e por quenda de reparto correspondeulle demanda presentada por Mª Dolores García Beceiro contra Dinahostine, S.L., Dinaweb Netoworks, S.L. V., sobre despedimento e rexistrada con número 446/2002 na cal, tras expoñe-los feitos e fundamentos de dereitos que considera aplicables ó caso, remata suplicando que se admita a demanda e previos os trámites legais, se sinale o día e hora para a celebración do acto de conciliación e xuízo e, en definitiva, se dicte sentencia estimando a demanda.

2. Razoamentos xurídicos.

Único.-Que de conformidade co disposto no artigo 82 e seguintes da Lei de procedemento laboral e o artigo 404 da LAC, é procedente admitir a trámite a demanda e sinalar día e hora na que teñan lugar os actos de conciliación e xuízo, debendo mediar, en todo caso, un mínimo de catro días entre a citación e a efectiva celebración dos ditos actos.

3. Parte dispositiva.

Acórdase admitir a trámite a demanda presentada e rexistrala. E de conformidade co disposto na Lei de procedemento laboral, cítese en legal forma ás partes litigantes para que o día 26 de agosto de 2002 ás 10.15 horas comparezan na sala de audiencia deste Xulgado do Social dous sito na r/ Viena, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de celebra-los actos de conciliación e xuízo que a lei prevé, entregando ó demandado no acto da citación a copia da demanda, a ela acompañada e prevíndoo de que se intenta valerse de avogado, graduado social ou procurador que o dirixa ou represente, deberá poñelo en coñecemento deste tribunal, por escrito, dentro das corenta e oito horas seguintes, facéndolles a ámbalas partes as seguintes advertencias: a) que poden comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio dun representante que estea en pleno exercicio dos seus dereitos civís, cunha designación que poderán facer mediante poder bastante, por medio de comparecencia ante este

xulgado, ou ante o de Primeira Instancia ou de Paz, se é o caso, se o domicilio da parte fora distinto da residencia deste xulgado; b) que a celebración do acto terá lugar en única convocatoria e non se suspenderá pola inxustificada falta de asistencia das partes, nin tampouco por enfermidade destas, nin dos seus representantes, nin dos seus defensores por canto as partes poden nomear representantes, e estes o o mesmo os seus defensores, poden substituí-la representación ou a defensa de acordo coas leis, téndose por desistido ó demandante se non comparece; c) que os litigantes, ou quen os represente,

teñen que concorrer con tódolos medios de proba de que intenten valerse.

E para as citacións acordadas, expídanse os oportunos despachos e cédulas de citación cos requisitos legais.

Admítese e declárase pertinente a proba proposta. Cítese a interrogatorio de parte ó representante legal da empresa na persoa do administrador Ramón Nogueira Vidal. Requírase ás demandadas para que acheguen a documentación interesada no outrosí da demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e cabe interpoñer recurso de reposición ante este xulgado no prazo de 5 días.

Así o acorda, manda e asina Mª Fe López Juiz, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, do que eu, secretario, dou fe.

E para que se publique no DOG e sirva de notificación, citación e requirimento a Dinahostine, S.L., Dinaweb Netoworks, S.L. V., expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2002.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA