Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PO-02.7. 12.567

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con trámite de urxencia, das obras RC-OU-02.20 e outra máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

2. Obxecto dos contratos.

a) Reparación de firme na OU-301, do p.k. 7+600 ó p.k. 10+000. Ourense.

-Nº de expediente: RC-OU-02.20.

-Prazo de execución: 1 mes.

-Orzamento base de licitación: 133.912,60 euros.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

b) Reforzo de firme na OU-402, Ponte Castrelo-Cortegada.

-Nº de expediente: RC-OU-02.23.

-Prazo de execución: 1 mes.

-Orzamento base de licitación: 123.143,96 euros.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

4. Garantía provisional: non se esixe.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Telefono: 988 38 62 36.

e) Telefax: 988 38 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará as doce horas do décimo cuarto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

2. Domicilio: Sáenz Díez, 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32071 (ou enviarase por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

7. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Data: o décimo quinto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Variantes: segundo o especificado no epígrafe E do cadro de características.

9. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 7 de agosto de 2002.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense