Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.551

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de agosto de 2002 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 20 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 6 de marzo) de axudas a asociacións de estudiantes universitarios, legalmente constituídas, das universidades galegas.

Mediante a Orde do 20 de febreiro de 2002 (DOG do 6 de marzo), convocáronse e aprobáronse as bases que rexen o concurso público de axudas a asociacións de estudiantes universitarios, legalmente constituídas, das universidades galegas, correspondente ó curso académico 2001-2002.

De acordo co establecido no artigo 6º das bases da convocatoria, desde o día 25 de abril ata o día 7 de maio, expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese mesmo prazo os interesados formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos perante a Dirección Xeral de Universidades.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería,

RESOLVE:

Artigo 1º

Concederlles axudas ás asociacións de estudiantes das universidades galegas que se relacionan no anexo I á presente orde e na contía que se especifica.

Artigo 2º

Denergalles axudas ás asociacións que se relacionan no anexo II da presente orde.

Artigo 3º

O incumprimento total ou parcial por parte dos beneficiarios de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria do 20 de febreiro de 2002, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto nos artigos 4 e 19 do Decreto 287 de 2000, do 21 de novembro, polo que se resolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4º

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Orde do 20 de febreiro de 2002 polo que se aproban as bases que rexerán o concurso público de axudas a asociacións de estudiantes universitarios.

Lista de concedidos

Universidade de Santiago de Compostela

EXPEDIENTE

DNI/CIFSOLICITANTECONTÍA

ADXUDIC.

2002/000001-0G15392285A.P.I.I.E.T.-I.A.E.S.T.E.2.614,00

2002/000002-0G15653348CLUB UNIVERSITARIO DINAMO2.404,00

2002/000006-0G15120587JUNIOR EMPRESA DE SANTIAGO (JEMSA)1.378,00

2002/000008-0G15733744ASOC. GALEGA ENXEÑERÍA QUÍMICA ESTUDIANTES2.614,00

2002/000009-0G15401114MEDICINA INTERCAMBIOS GALICIA (M.E.I.G.A.)2.524,00

2002/000011-0G15767916ASOCIACIÓN DEMOCRÁTICA Y CULTURAL ALUMNOS USC1.983,00

2002/000014-0G15419484ASOC.ESTUDIANTES ODONTOLOXÍA (AEOS)1.833,00

2002/000022-0G15684376A.X.C. CIDADE2.164,00

2002/000027-0G78242748ESTUDIANTES SOCIALISTAS DE GALICIA601,00

2002/000029-0G15680937ASOC.EST.DE POLÍTICAS PARA O INTERC. CULTURAL2.012,00

2002/000031-0G15734932INICIATIVA ESTUDIANTIL GALEGA1.082,00

2002/000035-0G15207160COMITÉS ABERTOS DE FACULTADE-CAEF2.013,00

Universidade da Coruña

EXPEDIENTE

DNI/CIFSOLICITANTECONTÍA

ADXUDIC.

2002/000004-0G15454457ASOC. XESTORA DA FEIRA DA CONSTRUCCIÓN (FECIGA)1.562,00

2002/000005-0G15681471ASOC. UNIV.EST.ARQUITECTURA «PRIMEIRO ANDAR»1.803,00

2002/000016-0G15695778ASOCIACIÓN XUVENIL ESTUDIANTES DE LOGOPEDIA1.202,00

2002/000013-0G15785116APAREU. A.T1.442,00

2002/000020-0G15678188GRUPO ALTERNATIVO DE ESTUDIANTES DE DERECHO1.630,00

2002/000024-0G15050313DE ALUMNOS MARINEDA DE LA E.S.M.C DE A CORUÑA1.535,00

2002/000025-0G15341852AIESEC-GALICIA1.442,00

2002/000021-0G15687924A. X. D. C. E. F. PANDA1.202,00

2002/000036-0G15812001ASC CULTURAL E SOCIAL DE RR.LL PANDA781,00

Universidade de Vigo

EXPEDIENTE

DNI/CIFSOLICITANTECONTÍA

ADXUDIC.

2002/000017-0G36820611ASOC. CIENTÍFICO TECNOLÓXICA DE ESTUDIANTES1.442,00

2002/000018-0G36807501AEGEE-VIGO ASOC. DE ESTUDIANTES EUROPEOS1.037,00

2002/000019-0G36833473SOCIEDADE MINERALÓXICA GALEGA (SMG)805,00

2002/000026-0G36876423ASOCIACIÓN DEFENSA DERECHOS ESTUDIANTILES2.554,00

2002/000034-0G36745529ASOC. RADIOCLUB DE TELECOMUNICACIÓNS DE VIGO450,00

Lista de denegados

Universidade de Santiago de Compostela

Nº EXPEDIENTEDNI/CIFSOLICITANTEMOTIVO DA DENEGACIÓN

2002/000007-0G15545544ASOCIACIÓN XUVENIL ESQUERDA NACIONALISTA MOCNON TER COMPLETA A DOCUMENTACIÓN

2002/000003-0G15787179A.P.E.U.NON SE AXUSTA ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2002/000010-0G15740293ASOC. UNIVERSITARIOS INDEPENDIENTES 3º CICLONON SE AXUSTA ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2002/000015-0G36356939A.X.O.T.L. E EDUCACIÓN ALTERNATIVA XOGANON SE AXUSTA ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2002/000028-0G15431794A. X. FORO UNIVERSITARIONON TER COMPLETA A DOCUMENTACIÓN

Universidade de Vigo

Nº EXPEDIENTEDNI/CIFSOLICITANTEMOTIVO DA DENEGACIÓN

2002/000012-0G36801991FUNDAI AYUDA A LA INFANCIA-42NON TER COMPLETA A DOCUMENTACIÓN

2002/000023-0G36268076ASOCIACIÓN DE ESTUDIANTES OCÓBRIGANON TER COMPLETA A DOCUMENTACIÓN

2002/000030-0G32287625A NEVE DEPORTES DE INVERNONON SE AXUSTA ÁS BASES DA CONVOCATORIA

2002/000032-0XÓVENES EMPRENDEDORES VIGUESESNON TER COMPLETA A DOCUMENTACIÓN

2002/000033-0G36883288ESTUDIANTES DE INGENIERÍA TÉCNICA INDUST.TER COMPLETA A DOCUMENTACIÓN