Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.550

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de xullo de 2002 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 20 de febreiro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 6 de marzo) de axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas.

Mediante a Orde do 20 de febreiro de 2002 (DOG do 6 de marzo), convocáronse e aprobáronse as bases que rexen o concurso público de axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas.

De acordo co establecido no artigo 5 das bases da convocatoria, desde o día 25 de abril ata o día 7 de maio, expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese mesmo prazo os interesados formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentos perante a Dirección Xeral de Universidades.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería,

RESOLVE:

Artigo 1º

Concederlles axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas ós centros das tres universidades da Comunidade Autónoma que se relacionan no anexo I á presente orde e na contía que se especifica.

Artigo 2º

Denegarlles axudas de desprazamento para a realización de prácticas de campo recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades gale

gas ós centros das universidades do Sistema Universitario de Galicia que se relacionan no anexo II á presente orde.

Artigo 3º

O incumprimento total ou parcial por parte dos beneficiarios de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria do 20 de febreiro de 2002, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto nos artigos 4 e 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se resolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4º

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e

Ordenación Universitaria

ANEXO I

AXUDAS DE DESPRAZAMENTO PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CAMPO RECOÑECIDAS NOS PLANS DE ESTUDIOS CORRESPONDENTES ÁS TITULACIÓNS AUTORIZADAS POLA XUNTA DE GALICIA NAS UNIVERSIDADES GALEGAS-LISTA DE CONCEDIDAS

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTECONT.

ADXUD.

2002/000028-0Q6550005JDIPL. NAVEGACION MARITIMA-ESC. SUP. MARIÑA C. 1. 322,00

2002/000027-0Q655005JDIPL. MAQUINAS NAVAIS-ESC. SUP. MARIÑA CIVIL1. 322,00

2002/000010-0Q6550005JENX. NAVAL E OCEANICA-ESC. POL. SUP. A CORUÑA762,00

2002/000014-0Q1518001ENX. TEC. AGRICOLA-ESP. EXPLOT. AGROPEC. LUGO762,00

2002/000015-0Q1518001ENX. TEC. AGRICOLA-ESP. HORTOF. E XARDIN. LUGO570,00

2002/000016-0Q1518001ENX. TEC. AGRICOLA-ESP. IND. AGRAR. E ALIMEN. LUGO570,00

2002/000017-0Q1518001ENX. TEC. AGRICOLA-ESP. MEC. AGR. E CONS. R. LUGO378,00

2002/000013-0Q1518001ENX. TEC. FORESTAIS-ESP. EXPLOT. FOREST. LUGO762,00

2002/000002-0Q1518001AENX. TEC. IND. ESP. QUIMICA FAC. CIENCIAS. LUGO570,00

2002/000020-0Q1518001ENXEÑERIA AGRONOMA ESC. POL. SUP. LUGO1. 532,00

2002/000036-0ENXEÑERIA DE MINAS-VIGO762,00

2002/000037-0ENXEÑERIA INDUSTRIAL- VIGO1. 532,00

2002/000012-0Q1518001ENXEÑERIA MONTES-ESC. POL. SUP. LUGO570,00

2002/000039-0ENXEÑERIA TECNICA FORESTAL-PONTEVEDRA378,00

2002/000038-0ENXEÑERIA TECNICA INDUSTRIAL-VIGO762,00

2002/000011-0Q1518001ESC. UNIV. MAXISTERIO ED. PRIMARIA-LUGO378,00

2002/000021-0Q1518001ESC. UNIV. MAXISTERIO EDUC. FISICA-LUGO241,00

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTECONT.

ADXUD.

2002/000004-0G15666514ESC. UNIV. TRABALLO SOCIAL DE SANTIAGO578,00

2002/000019-0Q6550005JFACULTAD CC. EDUCACION UNIV. A CORUÑA570,00

2002/000007-0FACULTADE CIENCIAS DA SAUDE DA CORUÑA378,00

2002/000034-0FACULTADE MEDICINA DE SANTIAGO570,00

2002/000041-0LIC. BELAS ARTES-PONTEVEDRA762,00

2002/000023-0Q865002LIC. BIOLOXIA-FAC. CIENCIAS DE VIGO762,00

2002/000040-0LIC. CC. ACTIVIDADE FISICA E DEPORT. PONTEVEDRA1. 532,00

2002/000022-0Q865002LIC. CIENCIAS DO MAR FAC. CIENCIAS DE VIGO762,00

2002/000001-0Q1518001ALIC. CIENCIAS E TEC. ALIMEN-FAC. CIENCIAS LUGO570,00

2002/000009-0Q1518001ALIC. ECONOMIA-SANTIAGO378,00

2002/000025-0Q1518001ALIC. HISTORIA-FAC. XEO. E Hª-SANTIAGO378,00

2002/000026-0Q1518001ALIC. Hª ARTE-FAC. DE XEO. E Hº-SANTIAGO1. 923,00

2002/000042-0LIC. PUBL. E RELACIONS. PUBLICAS-PONTEVEDRA373,00

2002/000024-0Q865002LIC. QUIMICA-FAC. CIENCIAS DE VIGO313,00

2002/000033-0Q1518001ALIC. XEOGRAFIA FAC. XEO E Hª-SANTIAGO378,00

2002/000047-0Q6550005JLIC. BIOLOXIA FAC. CIENCIAS DA CORUÑA378,00

2002/000045-0LIC. FISICA FAC. CIENCIAS OURENSE762,00

2002/000030-0Q6550005JLIC. MAQUINAS NAVAIS-ESC. SUP. MARIÑA CIVIL1. 322,00

2002/000029-0Q6550005JLIC. NAUTICA E TRANSP. MARIT.-ESC. SUP. MARIÑA C. 1. 322,00

2002/000006-0Q6550005LIC. QUIMICA-FAC. CIENCIAS DA CORUÑA378,00

2002/000018-0Q1518001LICENC. BIOLOXIA DE SANTIAGO769,00

2002/000044-0LICENC. HISTORIA-OURENSE762,00

2002/000035-0Q1518001LICENC. HUMANIDADES-LUGO762,00

2002/000003-0Q1518001ALICENC. QUIMICA FAC. CIENCIAS-LUGO570,00

2002/000046-0Q1518001LICENC. VETERINARIA-LUGO378,00

2002/000043-0MAXISTERIO ESP. LING. ESTRANX. OURENSE1.923,00

ANEXO II

LISTA DE DENEGADOS

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTEMOTIVO

DENEGACION

2002/000008-0Q6550005E.T.S. ENXEÑEIROS CAMIÑOS, CANAIS E PORTOSNON SE AXUSTA ÁS BASES DA CONVOCATORIA