Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2002 pola que se anuncia concurso para adxudica-la subministración dunha plataforma-góndola (multitrailer).

A Comisión de Goberno, en sesión do 8-8-2002, aprobou modifica-lo prego de condicións técnicas do concurso arriba indicado, no sentido de que se elimina del a instalación, como accesorio, do cabestrante para arrastre de 16 tm. Fíxase un novo prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, coas especificacións en canto ó obxecto, tipo de licitación (42.071 euros), fianzas, presentación e apertura de plicas

e demais detalles que figuran no anuncio publicado no BOP número 125, do 2 de xullo de 2002 e no Diario Oficial de Galicia número 128, do 4 de xullo de 2002.

Pontevedra, 8 de agosto de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLVEMENTO

ECONÓMICO