Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.528

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2002 referente á convocatoria dunha praza de enxeñeiro agrónomo.

No BOP de Ourense, do día seis de xullo de dous mil dous, publícanse, íntegras, as bases para a provisión dunha praza de enxeñeiro agrónomo, do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inourde), mediante concurso-oposición libre, no cadro laboral fixo, correspondente á oferta de emprego público de 2002.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Inourde, durante o prazo dos vinte (20) días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992. Á solicitude deben unirse os xustificantes dos méritos que se aleguen.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polo importe de 18,03 euros, achegando coa solicitude o correspondente xustificante.

O Inourde facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes, nas oficinas do rexistro xeral, Rúa do Progreso, 28 (Ourense), ou solicitándoo ó teléfono 988 39 10 85 ou mediante o fax: 988 39 19 62.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse, exclusivamente, no taboleiro provincial de edictos, en todo caso, e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

O que se publica, de conformidade co disposto no artigo 233.3º da Lei 5/1995, de Administración local de Galicia.

Ourense, 9 de xullo de 2002.

Antonio Mouriño Villar

Presidente do Instituto Ourensán

de Desenvolvemento Económico