Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno do 1 de agosto de 2002 acordou a contratación, mediante concurso, con procedemento aberto, de alleamento de terreos para actividades industriais nos termos deste, de conformidade co prego de cláusulas económico-administrativas particulares de xeral aplicación do Concello de Xove, aprobados en sesión plenaria do 11 de xaneiro de 2001, para a implantación de actividades industriais coas características que se citan seguidamente:

1. Obxecto: alleamento dunha parcela de 57 áreas, 21 centiáreas e 24 decímetros cadrados para a implantación dunha planta piloto de aproveitamento de lodos vermellos en Lago (Xove), mediante concurso.

2. Tipo de licitación: 17.192,67 euros (IVE incluído).

3. Prazo de vixencia do contrato: 30 anos.

4. Clasificación do contratista: non se esixe.

5. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove (Camiño Real, s/n, 27870 Xove). Facilitarase, así mesmo, copia do prego de condicións en persoa, por correo, ou telecopia (982 59 21 54).

6. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais desde a última publicación no BOP de Lugo ou no DOG.

7. Fianza provisional: 343,85 euros.

8. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

9. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Xove; 5 de agosto de 2002.

Jaime Pernas Rodríguez

Alcalde accidental

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO

Modelo de proposición

D/Dª..., veciño/a de..., con domicilio en... e provisto/a do DNI nº..., en nome propio (ou en representación de...), informado/a da convocatoria do concurso para o alleamento de terreos de propiedade municipal que se especifican na cláusula 1 do prego de condicións económico-administrativas regulador del, fai consta-lo seguinte:

1. Que ofrece o prezo de..., IVE incluído.

2. Que coñece e acepta na súa integridade o prego de condicións económico-administrativas rexedor do concurso.

Data e sinatura do licitador.