Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (187/2002).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 20 de xuño de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación da UR-3, do SU-32, zona 2, do PXOU por petición de Paz Felpeto Vázquez, en representación de Victoria Isabel Caamaño Felpeto, condicionada a que na descrición da parcela de cesión 1, no punto de cargas, se indique que os gastos de mantemento e conservación serán por conta do concello con exclusión da impermeabilización da prolongación do soto, o seu mantemento e a súa conservación.

De conformidade co disposto no artigo 102, 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo de vinte días que comezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achegar as alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 4 de xullo de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente