Acordo da Comisión de Goberno deste concello polo que se aproba o prego de cláusulas administrativas e se anuncia concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración dunha carroceta con guindastre.
Tipo de licitación: 110.826,84 A IVE incluído.
Fianzas: definitiva por importe do 4% do tipo.
Prazo de execución: un mes.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, de 9 a 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.
Apertura de plicas: na Casa do Concello ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).
Información: no Servicio de Contratación, na secretaría do Concello, teléfono 986 77 00 01 e fax 986 77 12 77.
Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 9ª do prego.
Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula 19ª.
Poio, 2 de xullo de 2002.
Luciano Sobral Fernández
Alcalde