Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual ó Plan Xeral de Ordenación Municipal para a nova redacción do artigo 84, relativo ás determinacións sobre os espacios baixo cuberta.

O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 6 de agosto de 2002, adoptou o seguinte acordo:

«1. Aprobar definitivamente a modificación puntual ó Plan Xeral de Ordenación Municipal para a nova redacción do artigo 84, relativo ás determinacións sobre os espacios baixo cuberta, redactado polo arquitecto Fernando Casqueiro Barreiro, de data maio de 2002.

2. Que se proceda á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP, debendo publicarse tamén neste último o documento que contén a normativa e as ordenanzas, tal como preceptúa o artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

3. O presente acordo comunicaráselle ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó que se lle dará traslado dunha copia autenticada do expediente, con tódolos planos e documentos que integran o plan, debidamente dilixenciado polo secretario do concello».

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Mugardos, 7 de agosto de 2002.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde