Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

APROBACIÓN inicial ó Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o día 29 de xullo actual, acordou prestar aprobación

inicial ó Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por A.D.I.U., S.L.

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente á información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este período poida ser examinado e formularse as alegacións que se considere oportuno. A documentación poderá ser consultada no Salón de Sesións da Casa do Concello, de 9 a 14 horas.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997 citada, e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, acordouse suspende-lo outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

De conformidade co disposto no artigo 120.1º do RPU poderanse outorgar licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

Meis, 2 de agosto de 2002.

José Luis Pérez Estévez

Alcalde