Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LAMA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello da Lama. Dependencia: Secretaría. Expediente: obra nº 90/2002.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: pavimentación: r/ Peso, r/ Albaráns (Escuadra); r/ Emigrante, r/ Tosar Ferro (A Lama); r/ Forno (Covelo). División por lotes e número: non. Lugar de execución: Escuadra, A Lama e Covelo. Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 80.418,87 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do orzamento base. Definitiva: 4 por 100 do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello da Lama, avda. José Antonio, 1, A Lama, CP 36830. Teléfonos: 986 76 82 38, 986 76 80 36. Fax: 986 76 82 82.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económica-financeira e técnica ou profesional por calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do TRLCAP.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o décimo terceiro día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figurasn o prego de condicións.

Lugar de presentación: o indicado no punto 6.

O licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses a partir da apertura das proposicións.

9. Apertura das proposicións.

Entidad, domicilio e localidade: Concello da Lama, avda. José Antonio, nº 1 A Lama.

Data: terceiro día hábil seguinte, agás sábado, ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Hora: 12 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Os sinalados na cláusula III.4 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Lama, 12 de xullo de 2002.

O alcalde

Rubricado