Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno do Concello de Meis, o prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán a contratación, por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente, da seguinte obra:

Saneamento: avda. Médico Paz e depuradora, do POL/2002.

Tipo de licitación: 87.520,70 euros (87.520,70 A).

Quedan expostos ó público durante catro días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou no DOG, ó obxecto de presentación de reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará no caso de presentárense reclamacións ó prego de cláusulas administrativas.

a) Obxecto e prezo de licitación: descritos no parágrafo anterior.

b) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación do expediente: tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

c) Garantías:

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

d) Prazo de execución: seis meses.

e) Obtención de documentación e información:

O modelo de proposición, pregos de cláusulas administrativas e demais documentación están á disposición dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles de 9 a 14 horas.

f) Presentación de proposicións: nas oficinas deste concello de 9 a 14 horas, no prazo de trece días naturais a partir do seguinte á publicación do último anuncio no BOP ou no DOG.

g) Criterios de adxudicación: melloras no proxecto técnico.

h) Apertura de proposicións: no salón de sesións do concello, ás trece horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de propostas.

Meis, 5 de agosto de 2002.

José Luis Pérez Estévez

Alcalde