Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía do 8-8-2002, aprobouse o prego tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerá para a contratación mediante concurso, con procedemento aberto urxente, da obra travesía da parroquia de Razo o cal se expón ó público por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP, ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se adiará, canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prazo da obra: 6 meses.

Importe da licitación: 180.215,41 A.

Fianza provisional: 3.604,31 A.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b).

Grupo G, subgrupo 6, categoría b).

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do sexto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, no caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións.

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece (13) días, contado

desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de concurso no DOG ou BOP.

Documentación: presentarase en 2 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 8 de agosto de 2002.

Manuel Varela Rey

Alcalde