Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión de data 11 de xullo de 2002, acordou:

-Aprobar con carácter inicial e a reserva de correccións de deficiencias o estudio de detalle da parcela 33 do Plan Parcial Monte Anchouza, redactado polo arquitecto Antonio Alfeirán Espinosa e promovido polos propietarios da devandita parcela.

-Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais da área de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 12 de xullo de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo