Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente de contratación C.P. 5/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n, 27004 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministración. Teléfono: 982 29 65 92. Fax: 982 21 29 24.

c) Número do expediente: C.P. 5/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: contrato de servicios.

b) Descrición do obxecto: contratación do Servicio de Seguridade nas dependencias do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

c) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 58, do 22 de marzo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: cincuenta e cinco mil cincocentos euros mensuais (55.500 euros) (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 31 de maio de 2002.

b) Contratista: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

c) Importe da adxudicación: cincuenta e catro mil novecentos corenta e cinco euros con noventa e tres céntimos mensuais (54.945,93 euros) (IVE incluído), para un período de doce meses comprendido entre o 1 de xuño de 2002 ata o 31 de maio de 2003.

Lugo, 2 de xullo de 2002.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo