Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución de expediente de dilixencias previas 195/2001 a María Elena Criado Vázquez.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas, seguido en virtude de denuncia formulada por María Elena Criado Vázquez, contra a promotora inmobiliaria Albalar, S.L., finalizando este trámite con resolución do expediente de dilixencias previas 195/2001.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución expediente dilixencias previas 195/2001.

Vista a denuncia presentada por María Elena Criado Vázquez, como propietaria da vivenda 4º dta. da casa nº 36, da rúa Guitiriz de Vilalba, contra a entidade mercantil Albalar, S.L., e despois das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

Primeiro.-Que con data 24 de outubro de 2001, rexistro de entrada do 6 de novembro de 2001, María Elena Criado Vázquez presentou denuncia ante esta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción no inmoble citado.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 195/2001, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria Albalar, S.L., para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para remisión do proxecto e de 30 días para a súa execución.

Terceiro.-Con data 10 de abril de 2002, o denunciado presenta escrito mediante o que comunica a reparación das deficiencias denunciadas. Trasladada copia do dito escrito á denunciante, concédeselle un prazo de 10 días para que presente alegacións, non facendo uso deste dereito.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución destas dilixencias previas o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a teor do disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Á vista das actuacións practicadas, procede, conforme o disposto no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento de procedemento para o exercicio da facultade sancionadora), o sobresemento e o arquivo das actuacións.

Por todo isto acorda decreta-lo sobresemento e o arquivo das actuacións.

Contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde a notificación da presente resolución.

Lugo, 12 de xuño de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo