Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. de Pacio, Carballo e Zanfoga, no concello de Sarria. (Expediente 27/2001 A.T.).

I. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía

eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Finalidade: mellora-la infraestructura eléctrica existente na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. Gomeán-Sarria e remate no C.T. proxectado de Carballo, de 1.690 metros de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. proxectado de Carballo e remate no C.T. proxectado de Pacio, de 1.520 metros de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

3. Centro de transformación aéreo de intemperie de Carballo, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación aéreo de intemperie de Pacio, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Rede de baixa tensión aérea de Carballo, de 2.180 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón e madeira en conductor R.Z.

6. Rede de baixa tensión aérea de Pacio, de 2.480 metros de lonxitude a 380/20 V sobre apoios de formigón e madeira en conductor R.Z.

7. Rede de baixa tensión soterrada de Pacio, de 40 metros de lonxitude a 380/220 V directamente enterrada en conductor R.V.

II. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

III. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular,

se é o caso, e no mesmo prazo, as alegacións por escrito que estimen oportunas, podendo corrixi-los erros que encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 20 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os

titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle, ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 2 de xullo de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 27/2001Provincia: Lugo

L.M.T., C.T., R.B.T. Pacio, Carballo e ZanfongaTermo municipal: Sarria.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

14ChousosMonte altoArturo López SindinA Pena, 1

27600 Sarria (Lugo)

1135560

17ChousosPradoAntonio López SeijidoCarballo-Vilapedre, 4

27600 Sarria (Lugo)

1187870