Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica de modificación do proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T. de Soutomango, no concello do Saviñao. (Expediente 28/1998 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: modificación do proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. Soutomango.

Situación: O Saviñao.

Descricións técnicas: C.T. intemperie de 50 kVA de potencia e relación de transformación de 20.000/380-220 V.

R.B.T. aérea de 2,06 km de lonxitude, conductor tipo R.Z. con orixe no C.T. de Soutomango.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de xullo de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo