Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/267-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T e C.T. Álvaro Guitián, nº 13.

Situación: concello de Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 96 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente entre os CC.TT. estrada nova e Telefónica, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Álvaro Guitián nº 13,

do concello de Cangas, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de xullo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra