Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2002 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, para a contratación da subministración de material informático para ciclos formativos de centros docentes dependentes desta consellería. (Expediente 1/2002SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 1/2002SU.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material informático para ciclos formativos de centros docentes dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: almacén da consellería, sito no polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra), ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos que se vai adquirir.

c) Prazo de execución: 30 días ou o prazo que sinala a empresa se fose inferior.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 133.679 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe total de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 58 54 55.

b) Domicilio: praza de Mazarelos, nº 14, baixo, 15703 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1600

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vintecinco días contados desde o día seguinte ó da publicación da

presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o cuarto día hábil contado desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 11 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2002.

P.O. comunicada do 29 de xullo de 2002 segundo o artigo 17 da Lei 30/1992, do 26/11, de RXAP

Jesús Pablo Fernández Moreiras

Diector xeral de Política Lingüística