Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCION do 3 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto por expropiación e imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 169/1995).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 27 de agosto do 2002, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., proceda nas oficinas da Casa Consistorial de Cabana de Bergantiños ás 10.30 horas e a partir das 12.30 horas na Casa do Concello de Zas, ós pagamentos dos prezos xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica aérea a 15/20 kV A Ermida-A Piolla, (expediente nº 169/1995), ós interesados ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e, así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 3 de xullo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña