Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2002 pola que se convoca concurso, por procedemento aberto, para a subministración de ordenadores e impresoras con destino á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: contratación da subministración de ordenadores persoais e impresoras con destino á Dirección Xeral de Organización e Sistemás Informáticos da Xunta de Galicia.

2. Orzamento de licitación: 150.060 A, IVE incluído.

3. Prazo de execución: 30 días contados desde a sinatura do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela, teléfono: 981 58 89 38, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1554.

5. Fianza provisional: 3.001,20 A.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar quince días naturais a partir do siguiente ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da subministración de ordenadores persoais e impresoras con destino á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Xunta de Galicia, que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións económicas: en acto público, na sala G de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás doce horas do día que resulte de contar 11 días naturais a partir do día seguinte ó do peche de presentación de proposicións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública