Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2002 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de asistencia técnica para a realización dunha revisión de control financeiro no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: realización dunha revisión de control financeiro do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

c) Diario Oficial de Galicia e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 101, do 8 de maio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 91.648,34 A, IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 18 de xullo de 2002.

b) Contratista: Price Waterhouse & Coopers Auditores, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: oitenta e cinco mil novecentos euros (85.900 A).

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda