Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva, da subministración de cámaras dixitais e demais equipamento complementario.

O secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos, actuando no nome do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, por delegación de competencia segundo a Orde do 11 de xaneiro de 2002, acorda facer pública a adxudicación definitiva, da subministración convocada por Resolución do 24 de maio de 2002 desta secretaría xeral, polo sistema de concurso público aberto, para a subministración de cámaras dixitais e demais equipamento complementario.

De conformidade cos artigos 81 e 88, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e o punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares, a mesa de contratación, constituída para o efecto, despois de examinar e pondera-las proposicións presentadas, eleva proposta de adxudicación ó órgano de contratación. Unha vez vistas as actas da mencionada mesa de contratación, e tendo en conta os artigos 73, 74 e 208 do citado Real decreto lexislativo 2/2000, e os puntos 6 e 7 do prego de cláusulas administrativas particulares da presente contratación, esta secretaría xeral resolveu adxudica-la citada contratación por lotes, ás empresas que detallamos a seguir:

* Lote 1: cámaras dixitais á empresa Softgal Servicios de Software Galicia, S.A. por importe de 24.400 euros, IVE incluído.

* Lote 2: ordenador portátil á empresa Softgal Servicios de Software de Galicia, S.A. por importe de 4.350 euros, IVE incluído.

* Lote 3: fotocopiadora en cor á empresa VSM Sistemas Coruña, S.A. por importe de 7.714 euros, IVE incluído.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, ad sensum dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a presente resolución, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e

Administración Pública, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fin á vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Jesús Parga López

Secretario xeral para as Relacións cos Medios

Informativos