Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.441

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 14 de agosto de 2002 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes establecido na do 24 de xuño de 2002, pola que se establecen as bases e condicións para a adopción de medidas complementarias na pesca costeira artesanal e se regula o procedemento de concesión de primas globais a tanto alzado.

A Orde do 24 de xuño de 2002 pola que se establecen as bases e condicións para a adopción de medidas complementarias na pesca costeira artesanal e se regula o procedemento de concesión de primas globais a tanto alzado, desenvolve por primeira vez na Comunidade Autónoma esta liña de axudas, e a presentación de solicitudes polos interesados está tendo dificultades pola súa novidade e a necesidade de que os posibles beneficiarios formen un grupo dentro dun marco asociativo, e para conseguir a efectividade da medida considérase aconsellable prorroga-lo prazo de presentación de solicitudes polo que, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Prórroga de prazo de presentación de solicitudes.

Prorrógase por trinta días hábiles máis o prazo de presentación de solicitudes establecido no derradeiro parágrafo do artigo 11 da Orde do 24 de xuño de 2002, pola que se establecen as bases e con

dicións para a adopción de medidas complementarias na pesca costeira artesanal e se regula o procedemento de concesión de primas globais a tanto alzado (DOG do 9 de xullo).

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2002.

Enrique C. López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos