A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 28 de xuño de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Resolve-las alegacións presentadas no sentido do informado.
Segundo.-Aprobar definitivamente a delimitación poligonal practicada no sector de solo urbanizable S-1 O Portiño.
Terceiro.-Notificar ós propietarios afectados.
Cuarto.-Inicia-los trámites para acomete-la redacción do plan parcial do sector de solo urbanizable S-1 O Portiño.
Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous
meses, contados do día seguinte á notificación ou, noutro caso, no de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
A Coruña, 2 de xullo de 2002.
P.D.
José Federico Nogueira Fernández
Alcalde