Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 30 de xullo, 2002, aprobou os proxectos técnicos das obras de acceso ós núcleos de San Fiz de Paradela, Lapío, Corgo-Bergazo-Campelo e O Monte de Silva e acceso ós núcleos do Roxo en Fonteita, Queizán, O Piñeiro, Quetesende e O Carboeiro. Os citados proxectos expóñense ó público por un prazo de 10 días naturais.

Así mesmo, na citada sesión plenaria, aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras mencionadas. Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presentar reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación dos citados contratos de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os proxectos ou pregos ata a súa resolución:

-Obxecto do contrato.

Obra nº 1 acceso ós núcleos de San Fiz de Paradela, Lapío, Corgo-Bergazo-Campelo e O Monte de Silva.

Obra nº 2 acceso ós núcleos do Roxo en Fonteita, Queizán, O Piñeiro, Quetesende e O Carboeiro.

-Lugar de execución: Concello do Corgo.

-Prazo de execución: tres meses.

-Orzamento de licitación:

Obra nº 1, 63.194,12 euros, IVE incluído.

Obra nº 2, 59.972,65 euros, IVE incluído.

-Tramitación: urxente.

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso.

-Garantías: provisional, obra nº 1, 1.268,88 euros; obra nº 2, 1.199,45 euros IVE incluído.

-Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello do Corgo (Lugo).

-Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

O Corgo, 6 de agosto de 2002.

José A. Ferreiro González

Alcalde