Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra: Casa da Cultura San Cibrao, Concello de Cervo, fase 1.

Aprobado polo Concello Pleno, en sesión do 31 de xullo de 2002, o prego de cláusulas administrativas particulares que, como lei fundamental do contrato, rexerá a contratación da obra da Casa da Cultura en San Cibrao, Concello de Cervo, fase 1, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de 8 días hábiles para efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do R.D. 781/1986, do 18 de abril. Simultaneamente anúnciase o concurso de referencia, se ben a licitación se aprazará no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas, ata que os resolva a corporación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cervo, praza do Concello, 27891, Cervo (Lugo). Teléfono: 982 55 77 77. Fax: 982 55 7729. Lugar onde se pode obter maior información.

a) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello, onde poderán obter copia do prego de condicións e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto.

Constitúe o obxecto do contrato a realización das obras Casa da Cultura San Cibrao, Concello de Cervo fase 1, conforme o proxecto redactado para o efecto.

A obra consistente na execución de toda a estructura do edificio, incluíndo divisións, acabados con instalacións das plantas superiores.

As empresas interesadas en participar neste concurso deberán someter desde o punto de vista técnico ó proxecto de referencia.

b) Lugar de execución: localidade de San Cibrao (Cervo).

c) Prazo de execución: as obras deberán ser executadas, como mínimo, de acordo co calendario de xustificación establecido nos convenios asinados e polos que se conceden as axudas económicas para esta obra.

En particular, as obras deberán estar executadas e certificadas, na contía anual que corresponda, antes do día 15 de outubro de cada exercicio económico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento do contrato que servirá de base de licitación ascende a un total de 811.326,90 A, IVE, demais impostos, anuncios e gastos incluídos.

Así mesmo, será por conta da entidade adxudicataria, tanto o custo do cartel anunciador da obra, como o importe do correspondente control de calidade da execución das obras, que será levado por empresa suficientemente capacitada e independente.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Requisitos.

Grupo C, subgrupos todos (do 1 ó 9), categoría D.

O contratista estará obrigado, segundo o estipulado no artigo 36.3º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o RXLCAP, salvo que teña a clasificación que a continuación se especifica, a subcontrata-la cimentación da obra a outro que teña a seguinte clasificación: grupo K, subgrupos 1 e 2, categoría D.

A solvencia económica, financeira e técnica acreditase de conformidade co establecido nos artigos 16 e 17 do TRLCAP, aprobado por R.D.L. 2/2000.

7. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, ponderando sobre un tope de 10 puntos, serán os seguintes:

-Prazo de execución das obras. Poderado ata 4 puntos, significando que se valorará neste parágrafo o feito de que a anticipación das obras se refire, non a cada unha das anualidades, senón ó investimento total.

-Maiores unidades de obra e mobiliario por conta do adxudicatario valoradas a prezos de execución material. Poderando ata 4 puntos.

-Menor prezo ofertado. Ponderado ata 1 punto.

-Superior clasificación da esixida. Ponderado ata 1 punto.

8. Presentación de ofertas.

a) As ofertas presentaranse, no Concello de Cervo en man, das 9 ás 14 horas, dentro dos 13 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG. b) Documentación que hai que presentar: figura descrita na cláusula décimo primeira do prego de condicións.

9. Clasificación de documentación e apertura de plicas. Terá lugar no salón de actos da Comisión de Goberno, ás 17 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo para presentar proposicións. Se coincide con sábado trasladarase ó luns seguinte.

10. Gastos por conta do adxudicatario.

Tódolos gastos serán por conta do adxudicatario, segundo se desprende da cláusula 17 do prego de cláusulas.

Cervo, 1 de agosto de 2002.

José Insua Pernas

Alcalde