Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (DPO-2/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 28 de xuño de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Resolve-las alegacións presentadas no sentido do informado.

Segundo.-Aprobar definitivamente a delimitación poligonal practicada no sector de solo urbanizable S-3 Penamoa.

Terceiro.-Notificar ós propietarios afectados.

Cuarto.-Inicia-los trámites para acomete-la redacción do plan parcial do sector de solo urbanizable S-3 Penamoa.

Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados do día seguinte á notificación ou, noutro caso, no de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 2 de xullo de 2002.

P.D.

José Federico Nogueira Fernández

Alcalde