Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 30 de xullo de 2002, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle do soar situado no Paseo da Galera no cruzamento coa rúa do Carregal, para adaptación do convenio número 2 das NN.SS., do planeamento, tramitado por Promoción Fluvial Valdoncel, o que se fai público por espacio dun mes, desde o día seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se esti

men procedentes. O expediente queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servicio de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 2 de agosto de 2002.

Antonio Lagares Pérez

Delegado de Urbanismo