Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 26 de xuño de 2002 acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución integral 5a-As Cascas, tramitado por Agustín Concheiro Riande en representación de Kblar Investimentos, S.L., o que se fai público por espacio dun mes, desde o día seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se estimen procedentes. O expediente queda de manifesto, durante o prazo subliñado, no Servicio de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 19 de xullo de 2002.

Antonio Lagares Pérez

Delegado de Urbanismo