Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 10 de xullo de 2002, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación por concurso, da obra de saneamento e abastecemento en Brandín (obra nº 193/POL/02) o cal se expón ó público por un prazo de catro días, contados a partir do día seguinte ó da última publicación dese anuncio no BOP ou no DOG, para que poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público polo trámite urxente, se ben que, as licitacións se adiarán canto resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Baños de Molgas.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto de contrato. Descrición.

A execución da obra de saneamento e abastecemento en Brandín, obra nº 193/POL/2002, conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo. Prazo de execución por contrata, 4 meses, e tipo de licitación: 96.884 A.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Baños de Molgas.

b) Domicilio: Samuel González Movilla, nº 2, Baños de Molgas, Ourense.

c) Localidade: Baños de Molgas. CP 32701.

d) Teléfono: 988 43 00 00.

e) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos trece

días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación dese anuncio no BOP ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19ª do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Baños de Molgas.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidades: Concello de Baños de Molgas.

b) Data: o día que convenientemente se sinale.

9. Gastos de anuncio.

Os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Baños de Molgas, 11 de xullo de 2002.

P.D.

Eladio Mangana Nóvoa

Primeiro tenente alcalde