Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de cobertura cirúrxica dun só uso para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 37/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público.

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

c) Número de expediente: 37/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de cobertura cirúrxica dun só uso.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver pregos.

c) División por lotes e número: ver pregos.

d) Lugar de entrega: almacén de subministracións.

e) Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo servicio de subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 815.063,70 (oitocentos quince mil, sesenta e tres euros, con setenta céntimos).

5. Garantía provisional: ver pregos.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Servicio de Contratación Administrativa.

b) Enderezo: A Choupana, s/n.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 95 02 60.

e) Telefax: 981 95 09 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: a prevista no punto segundo do artigo 178 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, da Lei de contratos das administracións públicas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: ver pregos.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Enderezo: A Choupana, s/n.

3. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses, desde a data da apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

f) Se é o caso, número previsto (ou números máximo e mínimo) de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido).

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

b) Enderezo: A Choupana, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das ofertas terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: ver pregos.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 25-10-2001.

13. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: http://www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2002.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario Universitario

de Santiago de Compostela