Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2002, do Servicio de Infraestructuras Agrarias de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Laza (Laza-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Laza (Laza-Ourense), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 162/1994, do 2 de xuño (DOG nº 115, do 16 de xuño) lo siguiente:

Primeiro.-Con data do 9 de xullo de 2002, o director xeral de Infraestructuras Agrarias aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Laza (Laza-Ourense) logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Laza e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o día seguinte a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, podendo os recorrentes presentalo no rexistro da Delegación Provincial de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (rúa Florentino L. Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), no rexistro xeral da consellería (San Caetano s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal para facerlle-las notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concen

tración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985).

Ourense, 9 de xullo de 2002.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Infraestructuras Agrarias

de Ourense