Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 16 de xullo de 2002 de notificación da taxación do expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Barreiros.

De acordo co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) e devoltas polo servicio de correos, por descoñecido, a notificación do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 4 de abril de 2002 pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do plan de ordenación do parque empresarial de Barreiros, pola presente cédula notificase ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, a taxación. Tamén, se lles comunica, de conformidade co previsto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Así mesmo, o expediente estará exposto nas oficinas da Sociedade de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sitas na praza de Santo Domingo, e no Rexistro da Xefatura de Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na avenida Ramón Ferreiro, nº 28, 27002 Lugo.

E para que conste para os efectos de notificación ós interesados con domicilio descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido a presente cédula.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio

Referencia catastral:

Polígono-parcela

Propietario

Enderezo

Superficie (m) sen e incluíndo mingua

do aproveitamento medio do 10%

Valor

do solo

Outros bens valorables

Prezo xusto (incluíndo

5% premio

de afección)

3739373

Adelina Palmeiro Iglesias

San Cosme (Lugo)

1.2921.162,83.144,86Non consta3.302,10

Predio

Referencia catastral:

Polígono-parcela

Propietario

Enderezo

Superficie (m) sen e incluíndo mingua

do aproveitamento medio do 10%

Valor

do solo

Outros bens valorables

Prezo xusto (incluíndo

5% premio

de afección)

3749374

Rogelio Rey

Foz (Lugo)

200180486,82Non consta511,16

10343103

Adelina Palmeiro Iglesias

San Cosme (Lugo)

2.0671.860,35.031,281.145,09

Piñeiral 3º

6.485,19

10843108

Mercedes López Valea

San Cosme (Lugo)

1.2041.083,62.930,66Piñeiral 3º3.777,55