Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 10 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, do aproveitamento hidroeléctrico denominado Salto do Gomil, no río Mandeo, así como da liña eléctrica de evacuación de enerxía. (Expediente 483/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285) do sector eléctrico e artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, así como do artigo 123 da Lei de augas, texto refundido polo Real decreto lexislativo 1/2001, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación dos bens e dereitos correspondentes ó aproveitamento hidroeléctrico denominado Salto do Gomil, no río Mandeo, así como da liña eléctrica de evacuación de enerxía, que se describen a continuación:

Concesionario: Técnicos Asociados Gallegos, S.L.

Domicilio social: Vía Edison, 1, 2º esq., Polígono do Tambre 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

Títulos: aproveitamento hidroeléctrico salto do Gomil, no río Mandeo e LAT 66 kV central do Gomil-subestación de Teixeiro.

Situación: municipios de Aranga e Curtis (A Coruña).

Características técnicas:

As características técnicas do proxecto constructivo do Salto do Gomil, aprobado por Augas de Gali-

cia, mediante resolución de data 26 de novembro de 2001, concrétase en:

Salto hidroeléctrico no río Mandeo, no municipio de Aranga (A Coruña). O tramo do río afectado é o comprendido entre as cotas 422, coroación do azude, e a cota 272, nivel das augas na restitución, cun salto bruto de 150 m e un caudal de 7,4 m/s. O azude ten unha lonxitude de 12 m e unha altura de 6 m e o canle de derivación, en formigón armado, ten unha lonxitude de 5.242 m e unha sección de 2,50 m de largura por 2,35 m de altura, sendo a cámara de carga de 21,5 m de lonxitude, 7,5 m de largura e 5 m de profundidade. A conducción forzada, de aceiro, será de 1.700 mm de diámetro interior e 7,5m de lonxitude e o pantalón de bifurcación a cada un dos grupos con lonxitudes de 11,8 m y 16,70 m.

As características técnicas das instalacións electromecánicas da central son as seguintes:

-Dúas turbinas, tipo Francis, de eixe horizontal, para un caudal unitario de 3,90 m/s e unha potencia nominal de 4.135 kw e alternadores síncronos de 4.865 kVA de potencia nominal e tensión de xeración de 6 kV.

-Un transformador de potencia de 11.000 kVA e tensións de 6/66 kV.

-Un transformador para servicios auxiliares de 50 kVA e tensións de 6/0.380-0.220 kV.

-Aparellaxe para mando, telecontrol, medida e protección.

As características técnicas da liña eléctrica de evacuación da enerxía son as seguintes:

Liña eléctrica aéreo-subterránea de alta tensión, a 66 kV, con orixe na central hidroeléctrica do Gomil, sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-110, de 9.339 m de lonxitude no seu tramo aéreo ata o apoio nº 49, seguida de tramo subterráneo de 320 m de lonxitude, baixo tubo e con conductor RHE 38/66 kV de 3(1x300) mm Al e con final na subestación de Unión Fenosa Distribución, S.A. en Teixeiro, descurrindo polos municipios de Aranga e Curtis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas terán, para efectos informativos, á súa disposición unha copia dos proxectos técnicos que poderán ser examinados nos días e horas habituais de oficina nas dependencias desta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071-A Coruña e poderán presenta-las súas alegacións no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formula-las alegacións procedentes por razón de lo disposto no artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

A Coruña, 10 de xullo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña