Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/86-2, 5870 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Lagúas.

Situación: A Fonsagrada.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 0,39 km de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. A Fonsagrada 1 e final en C.T. Lagúas. C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea de 1,54 km de lonxitude conductor tipo R.Z. e orixe en C.T. Lagúas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 13 de xuño de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo