Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do expediente O-2001/0452, referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra á empresa Excavaciones Ricardo Abal, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á interesada, cos datos e último domicilio coñecido en praza Rosalía de Castro, 2-3º B, Vigo-Pontevedra, a resolución do expediente sancionador número O-2001/0452, que lle foi incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra á empresa Excavaciones Ricardo Abal, S.L., pola comisión dunha infracción contra a Lei de estradas de Galicia (en diante LEG), que na súa parte dispositiva di:

Un.-Declara-la empresa Excavaciones Ricardo Abal, S.L. responsable da comisión de dúas infraccións moi graves tipificadas no artigo 43.4º a), c) LEG.

Dous.-Impoñerlle sanción de 200.000 ptas. (duascentas mil pesetas) (1.202,02 A).

Tres.-Ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción nun prazo de 15 días, desde a notificación da presente resolución (artigo 47.3º LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4º LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda