Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.346

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (348/2001 M).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa nº 348/2001 M, seguidos por instancia de Aurora Riveiro García, representada polo procurador José Amenedo Martínez contra Manuel Martínez Varela, dictouse sentencia cun encabezamento e sentencia que din:

Na Coruña, vinteseis de xuño de dous mil dous.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de separación contenciosa, seguidos neste xulgado co número 348/2001 por instancia de Aurora Riveiro García, representada polo procurador José Amenedo Martínez e defendido pola letrado Ana Jiménez Martínez, é parte demandada Manuel Martínez Varela, declarado en situación de rebeldía procesual.

Dictamino que estimando en parte a demanda interposta polo procurador José Amenedo Martínez, en nome e representación de Aurora Riveiro García contra Manuel Martínez Varela, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a separación do matrimonio constituído por Manuel Martínez Varela e Aurora Riveiro García, celebrado en Carballo o 11 de agosto de 1984 con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Queda-lo fillo David baixo garda e custodia da nai, tendo ambos proxenitores a patria potestade.

2. Atribuírlle á esposa e fillo o uso e desfrute do domicilio conxugal e o enxoval doméstico.

3. Establecer a favor do pai o seguinte réxime de visitas:

-As fins de semana primeira e terceira de cada mes desde as once horas do sábado ata as 21 horas do domingo.

-Nos períodos de visitas o pai recollerá e reintegrará ó menor no domicilio conxugal.

4. Fixar no 20% dos ingresos que perciba o demandado, a cantidade que lle aboará á esposa por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, polo concepto de alimentos para o fillo e no 20% das súas retribucións, a cantidade satisfarase en concepto de pensión compensatoria, cantidades que ingresará na conta que aquela designe.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación que se interpoñerá por escrito ante este mesmo xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Segue sinatura do maxistrado-xuíz.

E para que conste e sirva de cédula de notificación en forma a Manuel Martínez Varela, na actualidade con domicilio descoñecido, expido esta cédula, que asino na Coruña, vinteseis de xuño de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA