Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.347

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (60/2002).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia a Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 60/2002 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela, 24 de maio de 2002.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos estes autos de xuízo verbal de faltas nº 60/2002, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, o denunciante Esteban Manuel Suárez Serrano e o denunciado Antonio Pallas García.

Decido que debo condenar e condeno a Antonio Pallas García, como autor dunha falta de furto, á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de dous euros, e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e lle sirva de notificación a Antonio Pallas García, actualmente en paradoiro descoñecido e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintesete de maio de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado