Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.340

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos correspondentes ó concurso de traslados de data 19 de decembro de 2001, polo que se ofertaban prazas vacantes dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por resolución do 19 de decembro de 2001 (BOE do 27 de decembro e DOG do 27 de decembro), para cubri-las prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e os artigos 54, 55 e 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución da data mencionada anteriormente, que corresponden ós relacionados no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo.-Excluir do concurso de traslados as prazas e funcionarios que no anexo II se relacionan.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes neste concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Declarar desertas as prazas non adxudicadas neste concurso, salvo que se pretendan amortizar mediante modificación do cadro orgánico ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, polo que se cubrirán na forma prevista no artigo 458 da Lei orgánica do poder xudicial por funcionarios de novo ingreso.

Quinto.-O cesamento deberá efectuarse nas datas que a seguir se indican: auxiliares, o 4 de setembro. Oficiais e axentes, o 16 de setembro. A toma de posesión do novo destino obtido por concurso producirase nos tres días naturais seguintes ó cesamento se non hai cambio de localidade ou nos dez días naturais seguintes no caso contrario. O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto á praza obtida no concurso.

Se a resolución comporta reingreso ó servicio activo á Administración de xustiza nos corpos de oficiais, auxiliares e axentes, o prazo posesorio deberá de computarse desde o 4 de setembro se se reingresa no corpo de auxiliares, e desde o 16 de setembro se se reingresa no corpo de oficiais ou de axentes, pero neste caso o dito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso nos corpos de oficiais, auxiliares e axentes e, por tanto, non pode ser computado como de servicios efectivos.

No caso do que os funcionarios reingresados por medio deste concurso se atopen en activo noutro corpo e non desexasen que se lles interrompese a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitar ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino un permiso retribuído dun día cando teña lugar dentro da mesma localidade ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos que teñan que desprazarse ás Canarias, Illas Baleares, Ceuta ou Melilla, caso no que o permiso poderá ser de ata tres días (artigo 66.1º g do Regulamento orgánico), tendo o cesamento no seu anterior destino con data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

Por esta Comunidade Autónoma ou aquela Administración competente concederaselles a excedencia de oficio no corpo de procedencia se esta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior á da súa posesión nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes co obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Os funcionarios interinos que actualmente ocupen as prazas que sexan adxudicadas, cesarán como consecuencia da posesión do titular.

De conformidade coa base primeira número 3 da convocatoria, por Resolución do 19 de decembro de 2001, non se adxudican a resultas as plazas que sexan amortizadas como consecuencia da modificación dos cadros de persoal dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes, aprobada polo Ministerio de Xustiza con data do 7 de novembro de 2002.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2002.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

ANEXO II

Relación de excluídos

Ámbito: Galicia.

35257385Abal González, Mª del Carmen12

32785083Brage Mendía, Mª Dolores1

34973431Campo Portela, Mª Inmaculada del1

35544849Martínez Martínez, Teresa Elvira6

34259624Paz Pérez, José Luis1

34888872Zas Vázquez, Miguel Ángel2

Códigos de exclusión:

1. Non levar un ano no seu anterior destino (base segunda.1).

2. Presentación instancia fóra de prazo (base cuarta. 1, 2, 3 e 4).

3. Faltar fotocopia da instancia do funcionario/a con quen condiciona (base quinta).

4. Renuncia dentro do prazo (base cuarta.7).

5. Por non ter asinado a instancia (base cuarta.1, 2 e 3).

6. Por ter participado para dous corpos (base cuarta.6).

7. Por non pertencer a ningún corpo da Administración de xustiza.

8. Por non indica-lo corpo para o que participa.

9. Por non pertencer ó corpo para o que participa.

10. Por ter cambiado de situación administrativa ou estar xubilado.

11. Por non cumpri-lo prazo mínimo establecido no artigo 34.b do R.O.

12. Por renuncia en execución de sentencia.

13. Por non ter tomado posesión no seu posto de traballo por motivo de licencia por razón de enfermidade (artigo 75 do R.O.).

14. Por estar incurso en expediente disciplinario por falta moi grave (artigo 57.d do R.O.).