Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.245

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (293/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña dou fe

e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 293/2002 por instancia de Juan Manuel Fontenla Fuster, contra Pinturas Grandío, S.L. e Fogasa sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, 19 de xuño de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 293/2002, seguidos por instancia de Juan Manuel Fontenla Fuster, maior de idade, asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a empresa Pinturas Grandío, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta polo demandante Juan Manuel Fontenla Fuster, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Pinturas Grandío, S.L. e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, condenando a empresa a que lle aboe ó demandante a cantidade de 9.004,52 euros en concepto de indemnización, máis 2.680,42 euros por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da notificación desta sentencia; e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación á empresa Pinturas Grandío, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula na Coruña o 20 de xuño de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA