Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2002, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se emprazan as persoas interesadas nos re-

cursos contencioso-administrativos número

01/0000812/2002-IN, interposto polo Sin-

dicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, 01/0000819/2002-IN, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG) e o 01/0000828/2002-IN, interposto por Amelia Fernández Quintela, María Luisa López Chao e María Blanco Mourelos.

A Inspección Xeral de Servicios recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencias polas que se admiten a trámite os recursos contencioso-administrativos número 01/0000812/2002-IN, interposto polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, 01/0000819/2002-IN, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG) e 01/0000828/2002-IN, interposto por Amelia Fernández Quintela, María Luisa López Chao e María Blanco Mourelos, contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de abril de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publicado por resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 26 de abril de 2002, no Diario Oficial de Galicia nº 87, do 7 de maio de 2002 (corrección de erros DOG nº 124, do 28 de xuño e nº 125, do 1 de xullo).

En consecuencia, esta inspección seral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contenciosa-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2002.

P.A.

Manuel Martínez Oubiña

Inspector de servicios