Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de xullo de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona proposta de liquidación contida en actas de desconformidade números 36/2002/00072-0127, 36/2002/00073-0128 e informe ampliatorio pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Manuel Expósito Casas, S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, faise pública proposta de liquidación contida en acta de desconformidade número 36/2002/00072-0127, 36/2002/00073-0128 e informe ampliatorio pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 56 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 2 de xullo de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Manuel Expósito Casa, S.A

NIF:A-36.038.495

R/ Fontenla, San Xoán (Poio)

Taxa sobre máquinas recreativas

Taxa fiscal sobre o xogo

Exercicio 2000

Acta nº: 36/2002/00072-0127

Manuel Expósito Casa, S.A

NIF:A-36.038.495

R/ Fontenla, San Xoán (Poio)

Taxa sobre máquinas recreativas

Taxa fiscal sobre o xogo

Exercicio 2001

Acta nº: 36/2002/00073-0129